Receitas, licores e outras aficións

Licor café

Ingredientes:

Para 4 litros de augardente de Portomarin

  • 1 Kg. de azucre
  • 400 grs. café natural
  • mondas dunha laranxa
  • 3 estrelas de anís, da botica



Preparación:

Bótanse dunha pota, augardente, azucre, as estrelas de anís, e a monda de laranxa, todo xunto para desface-lo azucre; bótase o café moído, e mezclase todo revolvéndose dous ou tres veces ao día, durante oito ou nove días.Colalo ben cun pano para embotellar.Feito en Galiza

Outro Licor café

Licor caféIngredientes:

1½ litro de augardente galega de Portomarin
3 cucharadas de café (moido)
1 Kg de azucre
½ litro de augua
Casca seca de unha laranxa


Preparación:

Ponse a macerar, durante oito días, o litro e medio de augardente co café, que se removerá cada día.
Transcorrido este tempo faise o almibar, co medio litro de auga e o azucre. Engádese a augardente co café e a casca de laranxa, déixase ferver uns minutos, retírase do lume, déixase arrefriar, cóase e embotéllase.

 


Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi renderizada por última vez o 20/05/2012 ás 12:15:06 UTC

[Just Rendered!]