Receitas, licores e outras aficións

LICORES EXPERIMENTAIS

Licor de Grosellas

Ingredientes:
    

  • 1 kg. de grosellas
  • 500 g. de azucre
  • 1 l. de augardente de Portomarín

       

GrosellasPreparación:
    
 Apañar as grosellas ben maduras, logo lavalas e poñelas nun envase pechado xunto co azucre e a augardente. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se disolva ben o azucre. Filtrar e embotellar. Feito en Goian (Lugo - Galiza)

Licor de Cereixas

Ingredientes:
    
  • 1 kg. de cereixas
  • 500 g. de azucre
  • 1 l. de augardente de Portomarín

       

Preparación:
    
 Apañar as cereixas ben maduras, logo lavalas e poñelas nun envase pechado xunto co azucre e a augardente. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se disolva ben o azucre. Filtrar e embotellar.

Feito en Goian (Lugo - Galiza)

 

Licor de Cirolas

Ingredientes:
    
  • 1 kg. de cirolas
  • 500 g. de azucre
  • 1 l. de augardente de Portomarín

       

Preparación:
    
 Apañar as cirolas ben maduras, logo lavalas e poñelas nun envase pechado xunto co azucre e a augardente. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en vez para que se disolva ben o azucre. Filtrar e embotellar.

Feito en Goian (Lugo - Galiza)

Licor de Figos

Licor de figo macerando

Ingredientes:
    

  • 24 figos
  • 150 g. de azucre (6 coller)
  • 15 cl. de auga para o almíbar
  • ¾ l. de augardente de Portomarín

       

Preparación:
    
 Apañar os figos ben maduros, quitarlle-la pel, facer un almíbar do azucre, logo poñer nun envase pechado os figos, a augardente, e o almíbar. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se mesture ben todo. Filtrar e embotellar.

Licor de Peras

Licor de pere macerando

Ingredientes:
    

  • 6 peras grandes
  • 150 g. de azucre (6 coller)
  • 15 cl. de auga para o almíbar
  • ¾ l. de augardente de Portomarín
Preparación:
    
 Apañar as peras ben maduras, logo lavalas, cortalas, facer un almíbar do azucre, logo poñer nun envase pechado as peras, a augardente, e o almíbar. Deixar macerar aproximadamente 1 ano e abanicalo de cando en cando para que se mesture ben todo. Filtrar e embotellar.

ESTES LICORES ESTAN AÍNDA SEN PROBAR (Están feitos este ano a primeira vez, así que ata o ano que vén non saberei como están.)

Orixe Galega

Etiqueta de licor de grosellaEtiqueta de licor de cirolasEtiqueta de licor de cereixa

 

Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi renderizada por última vez o 20/05/2012 ás 12:21:28 UTC

[Just Rendered!]