Receitas, licores e outras aficións

Caipirinha

Licor de noces

A caipirinha é unha bebida brasileira, elaborada con cachaça (augardente da cana de azucre), lima (limón se non hai lima..) , azucre moreno e xeo (picado). A cachaça pode ser substituída por ron ou vodka.

Ingredientes para 1 vaso:

  • 1 lima
  • 2 culler pequenas de azucre moreno
  • 60ml de cachaça

Preparación:

Utilizar un vaso de boca ancha. Incorporar primeiro o azucre, cortamos as limas en anacos utilízase un morteiro para sacar o xugo ás limas, (non é o mesmo espremer as limas, con este procedemento conséguese incorporar o sabor da pel da lima), engadimos a cachaça e bastante xeo picado. Debe beberse con palliña para consumir primeiro o fondo da bebida, pois todo o xugo da lima e o azucre pousase no fondo e pouco a pouco vaise mesturando coa cachaça.
Beber sen palliña non é recomendable, pois o sabor non é o mesmo, arriba queda toda a cachaça sen diluír e está bastante forte.

 

 

 

Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi renderizada por última vez o 20/05/2012 ás 12:21:51 UTC

[Just Rendered!]