Receitas, licores e outras aficións

Queimada

Licor de noces

Ingredientes:

  • 1 litro de augardente de Portomarin
  • 120 gramos de azucre
  • Alguns grans de café, e unhas cáscaras de limón
  • 1 laranxa

Preparación:

Nun cacharro de barro cocido bótase a augardente, o azucre, unha laranxa cortada en catro cachos, engádense unas cáscaras de limón e os grans de café.
Reméxese e plántaselle lume, cun cazo no que previamente lle botamos un pouco de azucre con augardente.Moi despacio, acércase o cacharro hasta que o lume pasa de un lado ao outro.
Removese hasta que o azucre de consuma.

Mentras se fai a queimada, apaganse al luces e recitase o conxuro


Conxuro:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas. Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.

Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.

E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.

 

Esconxuro:

Lume, lumiña, que verde camiña da fraga á lareira e faise lumieira lume de quentura; para anosa fartura, lume benzoada que arrodea a queimada.

Pingota de orvallo en folla de carballo; auga do fervedeiro para a masa do forneiro; cerqueira de lume sen trasno nin fume, nin bruxa chuchona nin meiga dentona.

Rolar muiñeiro, chiscar faisqueiro, moxena lumiosa, vagalume rosa, arco das vellas que aleda ás nenas; raioliña do lusco que morre no fusco.

 

Orixen Galego

Contáctanos | No rights reserved | Ten vostede permiso para copiar, redistribuir, modificar, amosar publicamente, e facer o que lle veña en gana con todo o aquí publicado.
Esta páxina foi renderizada por última vez o 20/05/2012 ás 12:24:33 UTC

[Just Rendered!]