Receitas

Bizcocho de iogur

Ingredientes:

bizcocho

  • 1 iogur
  • 1 sobre de levadura
  • 3 ovos
  • Raiadura de 1 limón
  • 2 medidas* de azucre
  • 1 cucharada de aceite
  • 3 medidas* de fariña

(*) 1 Medida é o contido dun tarro de iogur baleiro.

Elaboración:

Bater os ovos. Con coidado agrega-lo azucre e mezclar. Logo engadi-lo iogur e volver a mesturar. Ao cabo, a raiadura de limón, o aceite e volver a mezclar. Para concluir, a fariña, a levadura e volver a remexer.
Bota-la mezcla nun molde previamente untado con manteiga e meter no forno prequentado a 170º, durante 1 hora. Sacar do forno e deixar arrefiar.

Tarta de queixo

queixoIngredientes:

8 queixiños en porcións
½ Litro de nata líquida
1 Iogur natural
1 medida * de fariña
1 medida * de azucre
1 chorro de leite (½ vaso de medida )
1 sobre de levadura
4 ovos

* 1 Medida: é o contido dun iogur baleiro

Preparación:

Bátese todo coa batidora. Nun molde untado con manteiga, métese no forno a 220º durante 45 minutos, cando empece a baixar a tarta baixase a temperatura a 150º uns 30 minutos. Desmóldase cando enfrie algo.

Bombóns

bombonsIngredientes:

  • ¼ Kg. de améndoa (enteira ou picada)
    • 2 tabletas de chocolate (sobremesa con leite)

Preparación:

Fundir o chocolate ao “baño maría”. mentres tanto tostar as améndoas no forno ou tixola. Mesturar todo. Cunha culler sopeira facer montonciños nunha bandexa forrada con papel de aluminio ou de forno para que non se peguen. Deixar arrefriar e despegar o papel. Meter na neveira e … ¡Bo proveito!

Peras ó viño tinto con queixo de Cebreiro

Ingredientes (para 6 persoas)

  • perasovino 6 peras grandes ou unha ducia das pequenas
  • 300 g de azucre (3 culleradas por pera)
  • ½ litro de viño tinto
  •  canela, noz moscada en pó e 1 cravo de especia
  •  1 grolo de licor de pera ou augardente
  •  1 cullerada de queixo por persoa
  •  6 Marrons Glacés

Elaboración:

Pélanse as peras as mondas e quítaselle o carozo e as pebidas. Poñémolas dereitas nun cazo sen cubrilas totalmente de viño, coas especias, para cocelas sen que fervan, a lume morno. De cocidas retirámolas da pota e deixamos reduci-lo prebe da cocción 10 minutos. Enfriamos as peras co prebe na neveira dúas horas. Partimos cada pera á metade e colocámolas no prato cortadas como se fosen láminas facendo un abano. Móllanse coa salsa de cocelas e cun grolo de licor, poñendo o queixo ó seu carón. Adornamos con cereixas confitadas ou herbaboa picada ou cun marron glacé enriba do queixo.

Inicio Licores  Combinados Receitas     Outros  Sidra Viño Cervexa Vinagre